Onte tivo lugar na Biblioteca Municipal a entrega de diplomas aos nenos participantes no Curso de Lingua e Cultura Chinesa que se desenvolveu no pasado mes de xullo. O devandito curso, organizado pola Fundación Filomena Rivero coa colaboración da biblioteca municipal, foi impartido polo profesor e tradutor de chinés, de orixe nixeriana, Gibson Mac, de Global Project. Protocolo, saúdos, utilización dos palillos, vocabulario, números,...foron as bases para o primeiro achegamento a esta cultura milenaria.
A entrega de diplomas estivo presidida por Gracia Regojo Bacardí, presidenta da Fundación Filomena Rivero, Eduardo Reguera Ocampo, Concelleiro de Cultura , Gibson Mac, profesor do curso e Mª Elena Becerra García, directora da biblioteca.

Parabén a todos polo voso aproveitamento!
No hay comentarios:
Publicar un comentario