jueves, 30 de septiembre de 2010

¡¡Yabba Dabba Doo‎!!

Tal día como hoxe, hai 50 anos, a emisión dun capítulo dunha serie de debuxos animados cambiaba para sempre a forma de facer televisión. The Flintstones, creada polos directores de Metro-Goldwyn-Mayer, William Hanna e Joseph Barbera, chegaba aos fogares de EE UU cun primeiro episodio, The Flintstones Flyer, que cativou a grandes e pequenos.
A premisa da serie era sinxela. The Flinstones narraba, en clave de humor, a vida de dúas típicas familias americanas de clase media -as encabezadas por Pedro Picapedra e Pablo Mármore e as súas respectivas esposas, Vilma e Betty- en tempos da idade de pedra. Cun estilo de vida similar ao do século XX (iso si, coa tecnoloxía propia da súa época), a vida en Rochadura transcorría entre partidas de birlos, grelladas no xardín e saídas ao campo a bordo do troncomóvil.
Temas como o consumismo descontrolado, a ludopatía, a maternidade, as relacións sociais,... daban a entender que o seu público obxectivo ía máis aló do infantil.
A serie foi emitida ininterrompidamente durante seis anos, até 1966, precisamente o ano en que chegou a España co nome de "Los Picapiedra". Até entón, Hanna-Barbera producira 166 episodios.

Moitas felicidades!



Publicar un comentario