miércoles, 29 de septiembre de 2010

Mes Internacional da Biblioteca Escolar


O Día Internacional da Biblioteca Escolar foi establecido pola IASL (International Asociation of School Librarianship / Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares con sede en USA: www.iasl-slo.org).
Este suceso vense conmemorando desde 1999 e o seu obxectivo é chamar a atención sobre a importancia das bibliotecas escolares na educación de nenos e novos. Todos os estudos sobre rendemento escolar e desenvolvemento educativo mostran que o progreso e o éxito escolar están ligados á existencia de bibliotecas con bos fondos e programas educativos adecuados.
Desde o ano 2008 celébrase o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. Esta declaración foi aprobada pola IASL en decembro de 2007.
Segundo anunciou o seu coordinador, Rick Mullholland, "en xaneiro de 2008, o comité executivo da IASL aprobou o cambio do Día Internacional da Biblioteca Escolar polo Mes Internacional da Biblioteca Escolar, cuxa celebración terá lugar no mes de outubro de cada ano. Este cambio permitirá aos responsables das bibliotecas escolares de todo o mundo elixir o día de outubro que mellor se adapte ás súas necesidades co fin de celebrar a importancia das bibliotecas escolares".
Máis información
Publicar un comentario