jueves, 30 de septiembre de 2010

¡¡Yabba Dabba Doo‎!!

Tal día como hoxe, hai 50 anos, a emisión dun capítulo dunha serie de debuxos animados cambiaba para sempre a forma de facer televisión. The Flintstones, creada polos directores de Metro-Goldwyn-Mayer, William Hanna e Joseph Barbera, chegaba aos fogares de EE UU cun primeiro episodio, The Flintstones Flyer, que cativou a grandes e pequenos.
A premisa da serie era sinxela. The Flinstones narraba, en clave de humor, a vida de dúas típicas familias americanas de clase media -as encabezadas por Pedro Picapedra e Pablo Mármore e as súas respectivas esposas, Vilma e Betty- en tempos da idade de pedra. Cun estilo de vida similar ao do século XX (iso si, coa tecnoloxía propia da súa época), a vida en Rochadura transcorría entre partidas de birlos, grelladas no xardín e saídas ao campo a bordo do troncomóvil.
Temas como o consumismo descontrolado, a ludopatía, a maternidade, as relacións sociais,... daban a entender que o seu público obxectivo ía máis aló do infantil.
A serie foi emitida ininterrompidamente durante seis anos, até 1966, precisamente o ano en que chegou a España co nome de "Los Picapiedra". Até entón, Hanna-Barbera producira 166 episodios.

Moitas felicidades!



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estos son dibujos animados y no otros que yo me se....

Mª José dijo...

Eu lembro aos Picapedra como a primeira serie para público infantil na que se tiñan en conta aos adultos, facendo nos seus capítulos moitas alusións, irónicas as máis delas, que só poderían ser captadas por eles. Agora nos parece moi habitual, pois o vemos xa moitas veces nas novas pelis de Disney, ou incluso na proliferación de series de animación que non están dirixidas para rapaces (os Simpson, Pai de familia, etc...), mais penso que para aquel momento era algo moi novidoso.