lunes, 15 de noviembre de 2010

A Biblioteca de Chapela agasalla ao seu socio número 1000

A

s bibliotecas municipais de Redondela seguen paseniño a incrementar o seu número de socios.
O pasado venres a veciña de Chapela Begoña Cristina Blanco Monteiro decidiu facerse socia das bibliotecas, imitando algo que xa fixera hai tempo o seu fillo, Nano Covelo. A súa sorpresa foi descubrir que con ela xa sumabamos mil socios, polo que foi a elexida para recibir como agasallo unha novela de An Alfaya.

Na fotografía Begoña, co seu fillo Nano reciben o agasallo de mans da bibliotecaria.

2 comentarios:

isa dijo...

Noraboa por eses 1.000!!
Gústame moito o voso blog. Saúdos
Isa Soneira (BPM de Corcubión)
http://bibliocorcu.blogspot.com/

Novas das Bibliotecas dijo...

Moitas grazas, Isa, e grazas Biblioteca de Corcubión! O voso blog tamén é fantástico :-)