lunes, 29 de noviembre de 2010

Elixe o Libro do Ano nas nosas bibliotecas

2010... ¡un ano dez! Para celebrar o ben que foi -- ou, quizá para festexar que se marcha --, a biblioteca propón a todos os seus socios a elección do LIBRO DO ANO. Selecciona a túa lectura favorita dos últimos doce meses e, cun pouco de sorte, poderás levar a casa un exemplar do libro elixido... ¡todo para ti!: coa súa portada e contraportada, o lombo, as páxinas... ¡absolutamente gratis!
Que mellor xeito de recibir ao 2011?
Non o dubides máis e deposita o teu voto, xunto aos teus datos persoais, na urna que estará disposta nas salas da Biblioteca Municipal e da Axencia de Lectura Municipal de Chapela, a partir do 1 de decembro ata o 4 de xaneiro
Moitas grazas por participar, e boa sorte!

No hay comentarios: