O escritor británico Dick King-Smith, autor do libro que inspirou a película "Babe, el cerdito valiente", faleceu aos 88 anos de idade.
King-Smith morreu o martes mentres durmía no seu domicilio situado preto de Bath, no suroeste de Inglatera.A súa obra máis coñecida, "The Sheep-Pig" (traducida ao español como "Babe, el cerdito valiente"), foi publicada en 1983 e adaptada ao cine en 1995 polo cineasta Chris Noonan. King-Smith escribiu máis dun centenar de libros infantís nos que os protagonistas son animais inspirados na súa experiencia de agricultor, oficio que desempeñou durante dúas décadas.
Tiña uns 50 anos cando en 1978 publicou "The Fox Busters", o primeiro título dunha bibliografía que lle levou a vender 15 millóns de libros.
Tiña uns 50 anos cando en 1978 publicou "The Fox Busters", o primeiro título dunha bibliografía que lle levou a vender 15 millóns de libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario