jueves, 14 de abril de 2011

O club infantil de lectura celebra o 6º Aniversario da Biblioteca de Chapela

E
xa van 6 anos!



Tarta de gominolas que nos preparou a incombustible Leo.

Parécenos incrible, pero xa pasaron 6 anos da nosa apertura. Por iso hoxe, que tiñamos a sesión do club infantil de lectura, decidimos facer todos xuntos algo especial.



Na primeira parte da sesión falamos sobre o libro, que desta vez gustounos bastante a todos, sendo unha lectura que se pode recomendar para todas as idades: Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar, do gran autor chileno Luis Sepúlveda. Ademáis de comentar as nosas impresións, como a tenrura que nos provocou a historia e tamén como nos moveu a sentirnos defensores do medio ambiente, fixemos xogos para descubrir o significado das palabras que fomos atopando no texto e que nos eran menos coñecidas.

..............................

Mais na segunda parte da nosa xuntanza, adicámonos, moi emocionados, a facer outra actividade coa que nos divertimos moito: confeccionamos un mural de homenaxe ao 6º aniversario da biblioteca de Chapela. Nese mural, ademáis de fermosas imaxes recortables, e debuxos que fomos improvisando, tamén incorporamos moitas citas literarias referidas aos libros e á lectura.

Os rapaces e rapazas do club de lectura preparan o mural.
Fixemos á biblioteca un agasallo moi pequeno de tamaño pero grande de significado: unha mini-libreta na que se fai todo un homenaxe ao libro. Xa sabemos a que destinala!: pedirémoslles a todos que nos escriban adicatorias e nos asinen as súas páxinas. Será un bonito recordo que a biblioteca conservará sempre con cariño.



O mural estará próximamente nas paredes da biblioteca... é enorme!

Con esta actividade e máis coa biblio-caravana que estamos a levar as Bibliotecas de Redondela por todos os centros de educación primaria do concello, celebramos así o noso aniversario, pero tamén, como non, que estamos en Abril, o mes máis especial adicado ao Día do Libro.

Felicidades á biblioteca de Chapela e felicidades aos seus usuarios!

5 comentarios:

Novas das Bibliotecas dijo...

Como pasa el tiempo...¡Muchas felicidades a todos!:
-A María José, siempre llena de ilusión e ideas que saca adelante con trabajo, mucho trabajo.
-A los usuarios de la biblioteca, a los Clubs de Lectura, a Leo, a Alexia,... que haceis de nuestra labor algo verdaderamente gratificante.
- A los que desarrollais distintas actividades y funciones en el Multiusos y que sois compañeros en el día a día a día
-Y por supuesto, a Miguel, que hacer nuestro trabajo mucho más fácil y que es nuestra "tabla de salvación" en muchos momentos.
¡Felicidades a todos!
Elena

Anónimo dijo...

Si a algo se parece el seis es a la casa de un caracol, y sin embargo, ¡vais a velocidad de vértigo!

Gran trabajo, compis.

Un besote, J.

Mª José dijo...

Graciñas compañeiros e compañeiras, e graciñas tamén aos usuarios e simpatizantes....
Dende logo... así sí que paga a pena traballar.
Apertas!!

Anónimo dijo...

Haceis una labor fantástica con los más pequeños, ellos van encantados a vuestras reuniones y vuelven felices. Leen libros interesantes, les haceis descubrir la literatura poco a poco y divirtiéndose. Segid así, sin desánimo ¡¡Muchas felicidades a todos!! y muchas gracias por vuestra labor en nuestro barrio.

Novas das Bibliotecas dijo...

Moitísimas grazas pola apreciación. Agrádanos moito saber que as actividades non só divirten aos rapaces, senón que, sobre todo, lles axudan a traballar moitas das súas capacidades e, por tanto, a CRECER como persoas (mellorando a súa sensibilidade estética, adquirindo certo sentido crítico, coñecendo a autores e obras de diferentes lugares e épocas...) Pero tamén nos gusta saber que os libros que lemos nos clubs de lectura van máis aló do propio club e os len tamén os pais, nais e amigos dos rapaces. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e por implicárdevos tanto no club :-)