jueves, 19 de mayo de 2011

Titirilibro


Confirmado: Na Biblioteca suprímese a guillotina. Por unanimidade, votouse non decapitar a ninguén, e, xa que logo, deixaranse os monicreques con cabeza.
Agora que se achega o Festival Internacional de Monicreques máis choqueiro do mundo, desde os nosos anaqueis queremos achegarnos a ese evento como mellor sabemos facelo: con libros. E temos un invitado moi especial que fará de perfecto anfitrión: "Titirilibro", da editorial Kalandraka.
A natureza do monicreque é dual, o titiritero e o seu boneco, e tamén o é o deste delicioso libro-cd, que aúna as letras das cancións e as súas músicas, e transpórtanos a un mundo de ilusión e fantasía no que a imaxinación e a palabra transforman a simple materia-un anaco de madeira, uns restos de la...- nunha completa experiencia sensorial.
As letras son de Ignacio Sanz, reputado folclorista, e a interpretación musical corre a conta de "Nuevo mester de juglaría", que é toda unha referencia na música popular española, que contan como acompañamento cunha selecta orquestra de corda e vento.
Pero é que hai un bis! E é de carácter local: as estupendas fotografías do libro están asinadas por un redondelano, Pelu Vidal, e moitos dos monicreques que aparecen saíron das esforzadas mans dos creativos de Tanxarina.
Este Titirilibro te deixará tiritando... pero de emoción!

1 comentario:

Anónimo dijo...

É moi fermoso, e as cancións están moi chulas!!