viernes, 15 de julio de 2011

Tempo de lecer e visita ao poboado castrexo de O Castro

O Club Infantil de Lectura de Chapela gozou onte dunha actividade extraordinaria fóra do seu espazo de reunión habitual.


Cambiando a biblioteca por un parque público, neste caso, o parque de O Castro de Vigo, gozamos dun día de lecer moi divertido que aproveitamos para estar xuntos os rapaces e tamén algúns adultos da biblioteca.


Unha das cousas máis divertidas foi un obradoiro improvisado de globoflexia, conducido, como non, por Leo, que é toda unha experta.


Pola tarde visitamos o xacemento musealizado de O Castro, onde coñecemos, grazas á axuda de Eduardo, o noso guía, como era a vida dos Castrexos nesta zona do sur de Galicia, e tamén como se relacionaron cos Romanos a raíz da chegada destes ás nosas terras.



Para os que queirades, aquí tedes un montón de xogos e actividades para coñecer máis sobre os castrexos en Vigo.

Saúdos a todos e feliz verán!



Vídeo con máis fotos:

Publicar un comentario