viernes, 15 de julio de 2011

Tempo de lecer e visita ao poboado castrexo de O Castro

O Club Infantil de Lectura de Chapela gozou onte dunha actividade extraordinaria fóra do seu espazo de reunión habitual.


Cambiando a biblioteca por un parque público, neste caso, o parque de O Castro de Vigo, gozamos dun día de lecer moi divertido que aproveitamos para estar xuntos os rapaces e tamén algúns adultos da biblioteca.


Unha das cousas máis divertidas foi un obradoiro improvisado de globoflexia, conducido, como non, por Leo, que é toda unha experta.


Pola tarde visitamos o xacemento musealizado de O Castro, onde coñecemos, grazas á axuda de Eduardo, o noso guía, como era a vida dos Castrexos nesta zona do sur de Galicia, e tamén como se relacionaron cos Romanos a raíz da chegada destes ás nosas terras.



Para os que queirades, aquí tedes un montón de xogos e actividades para coñecer máis sobre os castrexos en Vigo.

Saúdos a todos e feliz verán!



Vídeo con máis fotos:

4 comentarios:

Mario dijo...

La visita al Castro me gustó mucho porque vimos unas réplicas de casas celtas muy interesantes y nos explicaron como vivían en esa época. También porque justo fuimos a parar al lado de un parque para hacer ejercicio y el viaje en el coche de Leo fue muy divertido.
Espero volver el próximo año.

Novas das Bibliotecas dijo...

Moitas grazas, Mario! Agardamos vernos o curso que ven, e poder repetir xuntos actividades tan divertidas como esta. Divirtete moito e bo verán!

ANA CURRAS dijo...

Estoy de acuerdo con Mario,el viaje en coche con Leo fue muy divertido. Dar las gracias a las personas (María Jose y Leo) que hacen que se puedan realizar actividades como el Club de Lectura y salidas como esta a O Castro. Nuestros niños también se divierten entre libros y museos. Aroa y su mama se apuntan a la siguiente.

Novas das Bibliotecas dijo...

Graciñas, Ana, ¡e graciñas polas fotos!. Agardamos que así sexa para a próxima ;-)