miércoles, 7 de septiembre de 2011

Ruta por mar co club de lectura


E
ste xoves o Club de Lectura de adultos da Biblioteca de Chapela desenvolveremos unha actividade totalmente nova e que nos ten moi emocionados:
Unha travesía en veleiro!

Grazas á xenerosidade de dous socios da biblioteca: Marcos e Selene, que nos convidan a pasar unha tarde a bordo da súa embarcación, poderemos achegarnos á literatura dende un entorno completamente novo.

E para vivir a actividade con maior emoción, acompañaranos na travesía o poeta Nolim González, que conducirá a lectura de poemas sobre o mar e que, ademáis, nos ten preparada algunha sorpresa.

A actividade terá lugar este xoves día 8, a partir das 16:00 h.

Un bo xeito de comezar o curso co club de lectura, non sí?

2 comentarios:

Begoña dijo...

Así da gusto pertenecer a un club de lectura!!

Novas das Bibliotecas dijo...

Dende logo que sí ;-)