viernes, 2 de diciembre de 2011

A asociación de empresarios de Redondela convoca un concurso para darlle nome á Coca

Unha nova mascota,  especialmente pensada para a poboación infantil, identificará a localidade de Redondela e as actividades de animación da vila e do centro comercial aberto.
Pero esta mascota, unha personalísima e simpática Coca deseñada polo ilustrador Pepe Carreiro, aínda non ten nome e por este motivo se convida aos máis pequenos a un concurso de debuxo e nome da mascota.

As fichas de debuxo se atoparán nos centros educativos, no Multiusos da Xunqueira e tamén algunhas,  na Biblioteca Municipal.
Poderán participar todos os nenos entre 3 e 12 anos e establécense 3 categorías:
3-5 anos
6-9 anos
10-12 anos

Cada categoría terá un premio.
 Respecto ao concurso do nome so haberá unha categoría e neste caso o premio sí que o xurado poderá declaralo deserto.
O prazo para entregar os debuxos será ata o 21 de decembro e poderán entregarse no Multiusos da Xunqueira ou na sede da Asociación de Empresarios.


No hay comentarios: