Hoxe, tivo lugar ás 13 hs a presentación da
mascota de Redondela, unha nova imaxe de referencia para a vila dos viaductos.
Trátase dun debuxo creado polo ilustrador Pepe Carreiro, a partires da
tradicional Coca, pero humanizada e con personalidade propia. No acto, que tivo
lugar na sala de exposicións do Multiusos da Xunqueira, cunha mostra onde se
poderá desfrurtar deste becho a tamaño xigante en diferentes posturas e xogos
para os nenos, deuse a coñecer a nova imaxe corporativa da vila, unha mascota a
que ao longo do mes de decembro haberá que poñerlle nome. O día 23 fallárase o
concurso de nomes e presentaráse a Coca ós nenos, cun figurante disfrazado cun
traxe de gran volume que percorrerá Redondela.
O acto de presentación contou coa presencia do Alcalde , a directiva da Asociación de Empresarios, que colaboran
nunha serie de actividades en torno á mascota na programación de Nadal, e o
ilustrador Pepe Carreiro, pai da criatura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario