viernes, 9 de diciembre de 2011

A Revista Bloc dispoñible online

A revista de arte e literatura infantil Bloc, tristemente desaparecida fai un ano aproximadamente, colgou todos os seus números publicados (do 0 ao 6) no portal issuu para poder lelos online e descargar en PDF de xeito gratuíto.

Esta publicación bilingüe (castelán-inglés), dedicada á literatura infantil en todos os seus ámbitos (arte, fotografía, cine, deseño, ilustración, ...) naceu en 2007 por iniciativa de Antonio Ventura. Formaron o comité de redacción un nutrido grupo de profesionais procedentes de distintos ámbitos da cultura, e o deseño gráfico estivo a cargo de Gerardo Domínguez. Nas súas páxinas colaboraron desinteresadamente ilustradores e escritores de primeira fila, tanto de España como de Europa e Latinoamérica.

A pesar da boa acollida que tivo desde o número 0 -e os eloxios recibidos por parte dos seus lectores e de profesionais da literatura, a ilustración, o deseño, etc.-, o alto custo de produción e a dificultade de conseguir ingresos fixeron que a finais de 2010 decidísese non continuar coa súa publicación.

Co obxectivo de que estes seis números publicados non desaparezan, ou queden restrinxidos a un pequeno ámbito, Bloc decidiu polos a disposición dos internautas de xeito gratuíto. Aquí podedes visualizar todos os números.

Fonte Revista Babar
Publicar un comentario