martes, 20 de diciembre de 2011

A noite 'oraculada'


  O Club de Lectura da Biblioteca de Redondela pechou o ano coa reunión dedicada a "La noche del oráculo," de Paul Auster.


  Nunha cita moi concorrida, debateuse amplamente sobre os límites imprecison da ficción e a realidade, a continxencia do azar e o poder que encerran as palabras.

  A reunión, que estivo en todo momento contaxiada polo espírito do Nadal, concluíu con 'a bandexa dos dexesos,' unha misteriosa cesta que ofreceu, a modo de oráculo, interesantes previsións para o próximo ano.

  Grazas a todos!



No hay comentarios: