Descubrimos unha páxina de medo!
Rían de Drácula, de Mr. Hide, do monstro do doutor Frankenstein. Afeccionadiños en dar sustos comparado co que vos propomos.
Pero, coidado! Só os máis valorosos poderán superar a exposición a tan sinistro lugar... Nin o mesmo Lovecraft mantería a cordura alí!
E é que a brillante iniciativa dos mozos de [sic] é convidar os lectores a que envíen fotografías de faltas de ortografía de todos eses textos que pululan por aí e que tanto dano fan... Ou non?
Adherímonos a tan brillante idea... e lembramos desde aquí a todos os que non nos len (porque é de todos sabido que os nosos lectores son cultísimos) que, tanto en galego como en castelán, xamais TI leva til.
E, por suposto, cada vez que alguén lle pon un acento, morre un gatiño. Ai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario