libro Carta de una desconocida, de Stefan Zweig (1927), ocupou a nosa última xuntanza do ano.
Trátase dunha fascinante novela curta que, como é característica do escritor austríaco, aporta unha análise psicolóxica moi profunda, especialmente no que respecta aos personaxes femininos.
É por iso que o tema deu para un longo debate, sobre todo porque tivemos oportunidade de comparala co filme, realizado en 1948 como un proxecto do matrimonio Joan Fontaine e Bill Dozier, e dirixido polo alemán Max Ophüls.
As diferenzas de enfoque do tema entre o libro e a película déronnos para un interesante debate.
Tamén, dun xeito un pouco filosófico, debatemos sobre o amor, na muller e no home, e tamén sobre que consideramos que é ou non é amor.
Por último, e dado que se incluían na edición da obra que limos (Editorial Juventud), falamos tamén de outros dous relatos deste interesantísimo escritor:
ero o mellor e o máis importante desta xuntanza é que nos serviu para celebrar xuntos a entrada do Nadal, e para despedir o ano. Dese xeito, os compoñentes do club animáronse a traer productos de Nadal, e postres caseiros riquísimos, cos que a nosa xuntanza se converteu nun docísimo encontro de fin de ano.
2 comentarios:
Magnífico autor, es uno de mis favoritos...
Agrádanos eso, porque é un autor moi interesante. A novela gustou moito
Publicar un comentario