jueves, 22 de diciembre de 2011

Sesión de Nadal co Club de Lectura de adultos de Chapela

O libro Carta de una desconocida, de Stefan Zweig (1927), ocupou a nosa última xuntanza do ano. 

Trátase dunha fascinante novela curta que, como é característica do escritor austríaco, aporta unha análise psicolóxica moi profunda, especialmente no que respecta aos personaxes femininos. 

É por iso que o tema deu para un longo debate, sobre todo porque tivemos oportunidade de comparala co filme, realizado en 1948 como un proxecto do matrimonio Joan Fontaine e Bill Dozier, e dirixido polo alemán Max Ophüls

As diferenzas de enfoque do tema entre o libro e a película déronnos para un interesante debate.


Tamén, dun xeito un pouco filosófico, debatemos sobre o amor, na muller e no home, e tamén sobre que consideramos que é ou non é amor.

Por último, e dado que se incluían na edición da obra que limos (Editorial Juventud), falamos tamén de outros dous relatos deste interesantísimo escritor:


Pero o mellor e o máis importante desta xuntanza é que nos serviu para celebrar xuntos a entrada do Nadal, e para despedir o ano. Dese xeito, os compoñentes do club animáronse a traer productos de Nadal, e postres caseiros riquísimos, cos que a nosa xuntanza se converteu nun docísimo encontro de fin de ano.


 
 

GRACIÑAS A TODOS E MOI BO NADAL!!

2 comentarios:

Bethlehem dijo...

Magnífico autor, es uno de mis favoritos...

Novas das Bibliotecas dijo...

Agrádanos eso, porque é un autor moi interesante. A novela gustou moito