jueves, 15 de diciembre de 2011

Que contentos que estamos!

O proxecto de dinamización lectora presentado pola nosa biblioteca, Bibliocaravana: III Semana do Libro a festa das palabras,  foi seleccionado pola comisión de avaliación de proxectos da Campaña de Animación á Lectura María Moliner. Así, con data 13 de decembro de 2011 a Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas ditou a proposta de resolución definitiva pola  que  convertémonos en beneficiarios dun lote de 200 libros.

          Grazas a todos os que colaboraron con nós no seu desenvolvemento: aos Centros Educativos de Infantil e Primaria de Redondela, ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello, aos alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil do I.E.S. Chapela, a Protección Civil, a Andrea e a todo o persoal da Biblioteca.
 GRAZAS A TODOS desde a Biblioteca Municipal e a Axencia Municipal de Lectura de Chapela e PARABÉNS a todos os agraciados, de forma especial aos compañeiros  das bibliotecas de Tuéjar (Valencia),  Pozoblanco (Córdoba) e Oleiros (A Coruña).
Publicar un comentario