viernes, 20 de enero de 2012

Contos Grimmosos! (1/12)


Estamos de cumple! Ou case. Un día como hoxe, pero de decembro, saía á luz en 1812 a primeira edición de "Contos para a infancia e o fogar," libro que, sen dúbida, abriu un novo camiño para a literatura infantil.
Desde este xenial humilde blog, queremos tributar (eh?) unha homenaxe (ah!) aos inmortais irmáns Grimm.
  Por iso, empezamos unha serie que, mensualmente, traerá a este espazo referencia dun dos seus contos, todo un agasallo!

 
  
No primeiro capítulo é Rapunzel, que así o chamaron eles, aínda que a moza de melena indómita en español recibiu distintos nomes tal que Ruiponce, Rapónchigo, Verdezuela ou Valeriana. E a razón dese baile? Todos eses nomes aplícanse á planta pola que a moza recibiu o seu nome. O motivo?, teredes que ler o conto (aquí, aquí) para sabelo!

Walter Crane
   Gocen as ilustracións!




Kay Nielsen

Frank Cadogan Cowper

Heinrich Lefler

 Ernest Liebermann

Dan Beltrán 

 Angela Keeler e Abigail Horsley

Berk Ozturk


E para rematar...


Nunca imaxinei que te volveses punk, Rapunzel!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Grimmosos=Grimm+Osos....jua,jua,jua
Moi Bo!

Anónimo dijo...

Con mi pelo pelirrojo voy a copiar el peinado punk aunque no se que dirá mi peluquera

Anónimo dijo...

Los mios todavía no dan para tanto

Anónimo dijo...

que bonitas as ilustracións!