viernes, 20 de abril de 2012

Pero, aínda non liches Drácula?!!

Pois este é o mellor momento para porse ao choio. Hoxe conmemórase o centenario da morte do seu autor, Bram Stoker, un escritor nunca suficientemente recoñecido que escribiu esa obra mestra que é "Drácula", á que o cine fíxolle un fraco favor cara aos potenciais lectores que, normalmente, pensan van atopar unha lectura de segunda categoría.
Eso si, cando por fin se lle dá unha oportunidade, atopámonos cunha lectura soberbia desde o punto de vista literario e...desde todos os puntos de vista!.
Hai que dicir que na biblioteca temos varias edicións e unha fan incondicional da novela entre o noso persoal, que estará encantada en aconsellarvos a mellor edición.
Drácula conta cun dos máis fermosos saúdos de benvida da literatura universal, con el  despedimonos:
—Bienvenido a mi casa. Entre libremente. ¡Váyase sin novedad , y deje un poco de la felicidad que trae!
Pois iso, vide á biblioteca e traede moita felicidade!
 Ilustración de Lola & Rosanas.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Y dale.....

Anónimo dijo...

Je,je,je....el comentario te delata: SE QUIEN ERES (esto suena a título de película de terror)

Anónimo dijo...

je je je....
Y para cuando "Los hermanos Karamazov"??????