martes, 8 de mayo de 2012

Volta ao club de lectura infantil!

 E

stamos de noraboa, porque por fin, e despois de diversos atrancos cos que nos fomos atopando, pudemos volver ás nosas sesións ordinarias do club infantil de lectura.


A pancarta coa que recibimos a Leo nesta ocasión
Estabamos tan ledos que fixemos unha pancarta enorme para recibir, de novo e como se merece, a Leo, a nosa condutora-coordinadora-animadora e imprescindible no club.

Tamén nos alegrabamos porque para esta sesión se incorporaban connosco tres novos amigos, que van participar a partir de agora no club,  xunto aos outros rapaces e rapazas.
Os rapaces observan o expositor dos libros cos que ilustramos esta sesión.
E tamén, porque por fin tiñamos a ocasión de falar da nosa lectura deste mes: Konrad, o el niño que nació de una lata de conservas, da autora austríaca Christine Nöstlinger, a nosa lectura deste mes.

Como Konrad, tamén nos sentimos ás veces que somos bos e formales, e outras que somos uns trastes. Despois de falar de algunhas das partes do libro que nos chamaron máis a atención, fixemos varias actividades:
Buscando as respostas no libro















-  Inventamos piropos por orde alfabética, do mesmo xeito que tiña que facer o pobre protagonista da historia, Konrad, para memorizar insultos e palabras malsoantes.
- Falamos da correspondencia tradicional e da nova comunicación escrita. Os xeitos de empregar os textos nas cartas formais e a maneira en que escribimos para os nosos amigos.
 - Por último, practicamos un xogo de cancións populares, onde tiñamos que atopar o noso asento antes de que todos nos deixaran de pé.
Leo fai propostas e modera a xuntanza
 Agardamos vernos pronto, na próxima sesión. Deica logo!


O xogo das sillas

2 comentarios:

Unknown dijo...

hola, mi nombre es David y soy del club de lectura. Soy nuevo y cuando empezamos, lla empezo a molarme.en resumen, estoy impaciente a que empiece el siguiente club de lectura!!!

Novas das Bibliotecas dijo...

Moitas grazas, David!
Alédanos moito que che guste o club de lectura, e agardamos que compartas connosco moitas máis sesións.
Ata o próximo día!