miércoles, 20 de junio de 2012

Contos Grimmosos! (6/12)

 Os 7 corvos
Wendy DeWitt
Había unha vez un home que, como tiña sete fillos e ningunha filla, desexaba afervoadamente ter unha nena no seu fogar.

Por fin a súa dona deulle unha filliña. A alegría dos pais foi grande, pero a nena era tan pequeniña e delicada que, por mor da súa estrema debilidade, tivo que ser bautizada na casa. O pai enviou a un dos seus fillos a buscar auga á fonte para o bautizo; os outros seis correron detrás del, e como cada un quería ser o primeiro en traer a auga, entre todos romperon a xerra, que caeu na fonte, feita anacos.
Entón non souberon que facer, pois ningún se atrevía a volver a casa.



Vendo que non volvían, o seu pai empezou a impacientarse e dixo:
-Seica eses pillabáns puxéronse a xogar e esquecéronse de traer a auga.
A nena parecía case sen vida, e o bo home tiña tal ansiedade ao pensar que
puidese morrer sen bautismo, que, todo alporizado, exclamou:

- Oxalá eses sete pillabáns se fagan corvos!


Apenas pronunciara estas palabras, cando oíu un rumor de ás no aire, sobre a súa cabeza, e mirando cara arriba, viu sete corvos, negros coma o carbón, que voaban sobre a casa.


Os pobres pais non puideron borrar a maldición e estiveron moi tristes ao darse conta da perda dos sete irmáns que nunca volveron, aínda que, a medida que pasaba o tempo, ían consolándose coas grazas da encantadora meniña, que medraba cada día máis forte, máis linda e máis bondadosa. Durante algún tempo ignorou que tivese irmanciños, pois os seus pais tiveron bo coidado de non nomealos xamais diante dela. Con todo, certo día, por casualidade, oíu unhas persoas que dicían, referíndose a ela:


- Certamente a nena é moi linda, pero o certo é que ela ten a culpa da desgraza dos seus sete irmáns.


A pequena quedou moi triste, e foi  preguntar ao seu pai e á súa nai se tivera algunha vez irmáns, e que fora deles.

Os pais non puideron por máis tempo gardar o segredo. Dixéronlle, con todo, que o que sucedera era porque o Ceo o dispuxera así, aínda cando o seu bautizo fose o inocente pretexto. Pero a nena non puido acalar a súa conciencia xa nin un só día e pensaba a cotío que ela fora a causa da perda dos seus irmáns. Non viviu en paz nin tranquilidade ata que, en segredo, puido fuxir, e foise polo ancho mundo en busca dos seus irmáns, desexosa de libertalos do feitizo, custase o que custase.



Non levou nada consigo; só un anel como recordo dos seus queridos pais, un anaco de pan para a fame, unha xerra de auga para a sede e unha cadeira. Con isto estaba disposta a chegar, se era preciso, ata a fin do mundo.

Dirixiuse ao Sol, pero este era terriblemente caloroso e devoraba os nenos.

Entón apurou a ir cara á Lúa, pero alí todo era demasiado frío e demasiado triste. E, cando a nena preguntou, oíu dicir:

Aquí cheira a carne humana...
A atrevida criatura
dos corvos é a irmá...

DuneChampion

Entón, a nena  preguntou ás estrelas que eran boas e amables, sentada cada unha no seu sitial celeste.

A estrela da mañá levantouse e dándolle un óso díxolle:

-Só con este óso poderás abrir a Montaña de Cristal, e na Montaña de Cristal están os teus irmáns.

A nena colleuno, envolveuno coidadosamente nun pano e dirixiuse, a fume de carozo, á Montaña de Cristal. Cando chegou a ela, a porta estaba pechada e a pequena buscou o óso para chamar á porta con el. Pero atopou o pano baleiro: perdera o agasallo da Estrela da Mañá!

Niji-iro
Agora, como empezar a súa tarefa? Estaba decidida a rescatar os seus irmáns, pero non posuía a chave para abrir a Montaña de Cristal. A boa nena tomou entón un coitelo, e cortouse o dedo pequeno, ata deixalo tan delgado que penetrase no buraco da fechadura; así logrou abrir.

Unha vez dentro, atopou un Anano que lle dixo:

-Que buscas aquí, nena?

-Busco aos meus irmáns, os sete Corvos - respondeu ela.

O Anano contestou:

Allison Reimold

Arthur Rackham
-Os meus amos, os Corvos, non están na casa, pero se queres esperar ata que volvan, podes pasar.


Mentres tanto, o Anano preparou a cea dos Corvos en sete pratiños e sete copiñas, e a irmanciña comeu un bocado de cada un dos pratos e bebeu un grolo de cada unha das copas, deixando caer o anel na última copa.


Oíronse entón berros e bater de ás no aire; e o Anano dixo á nena:


- Son os meus amos, os Corvos, que volven a casa.


Entraron os Corvos e pediron para comer e beber e empezaron a mirar atentamente o contido de pratos e copas. E uns dixeron a outros:


- Ola! Quen comeu do meu prato? Quen bebeu da miña copa? É que seica hai aquí unha boca humana?
Anne Anderson
Helen Stratton

Andreas Helmling
Selo
FlossAndchaos

E cando o sétimo Corvo bebeu todo o contido da súa copa, o anel foi a pousarse nos seus beizos. O Corvo mirouno atentamente, e recoñeceu que aquel anel pertencía aos seus pais, e dixo:

-  Se Deus quixese que a nosa irmá estivese aquí para libertarnos!


A nena, que estaba detrás da porta, oíu o seu desexo e correu cara a eles, bicándoos cariñosamente. Entón os sete Corvos volveron recobrar a forma humana.


E alegres e felices volveron a casa dos seus pais.
Eba


Rachael Hunt

2 comentarios:

Ana Cosque dijo...

Moi boa a vosa laboura de difusión. Pero se queredes publicar en galego, quizáis vos axudaría escribir o texto previamente en word ou similar (especificando idioma galego) para corrixir os erros.

Novas das Bibliotecas dijo...

Moitas grazas, Ana!!!!
O texto está tremendo, non sei que pasou. Moitas grazas de novo por avisar!