viernes, 30 de noviembre de 2012

Fotos do obradoiro de papiroflexia

A pasada semana rematamos a exposición de papiroflexia con Gusorigami. Grazas a ela, a biblioteca encheuse de nenos e cativos interesados en aprender a facer fermosas figuras a través do pregado.

A exposición nos deixou moi bos recordos e moi belas imaxes.

Aquí tedes algunhas fotografías, da man de Marta G. Brea, fotógrafa do Faro de Vigo, á que lle agradecemos a súa xenerosidade:



 Para velas con mellor resolución podedes acceder dende AQUÍ.
Outras belas imaxes, da man de L. A. Sabucedo, afeccionado á fotografía, que está pegando forte. Neste caso, fotografou un dos obradoiros. Podedes velas en mellor calidade na nosa conta de Flickr:
 



 
 
Roberto S. fixo un bo traballo reproducindo algunhas das pezas máis fermosas Podedes velas AQUÍ.

Mercedes M. tamén nos ofreceu algunhas das súas fotografías, que xa amosamos no noso blog. Son ESTAS.

Grazas a todos por participar, amigos!

E aquí rematamos de amosarvos as fotos relacionadas con este evento.
Máis sobre esta nova:
Exposición.
Primeiras fotos da exposición.
Primeiros obradoiros.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi interesante o taller!

Novas das Bibliotecas dijo...

Graciñas. Agardamos que, se stiveches, che gustara :-)