jueves, 30 de octubre de 2014

As Bibliotecas de Redondela reciben un novo recoñecemento nos Premios María Moliner

As Bibliotecas Municipais de Redondela estamos de noraboa. 
Acaban de concederse os premios correspondentes a XVI Campaña de Animación á lectura María Moliner, promovida polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte xunto coa Fundación Coca-Cola, e as nosas bibliotecas foron un dos centros premiados.

A proposta coa que nos presentamos este ano: "O efecto Kamishibai" ven a ser un dos 300 premiados en todo o estado Español, entre proxectos realizados dende bibliotecas de municipios inferiores a 50000 habitantes.

Esta é a 5ª ocasión en que as nosas bibliotecas reciben tal recoñecemento. As anteriores foron:
  • 2011 – Bibliocaravana na III Semana do Libro
  • 2009 – Semana do libro “A Festa das Palabras”
  • 2008 – Lectura nas ondas
  • 2007 – Clubes de lectura das bibliotecas municipais
Como resultado deste premio, as bibliotecas de Redondela recibiremos próximamente lotes de libros, financiados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

No hay comentarios: