viernes, 31 de octubre de 2014

Feliz Samaín!!


A bruxiña-bibliotecaria
Nestes días en que lle facemos homenaxe aos mortos, achegarse á literatura de terror, e aos libros que exploran a escatoloxía e o medo son actividades do máis recomendable para nenos, mozos e adultos.

Na Biblioteca de Chapela temos boas propostas dentro deste xénero, que podedes ver nun centro de interese na sala de adultos.
Dende este blog queremos agradecer a dúas persoas por ter realizado para nós fermosas e divertidísimas figuriñas para decorar o noso Samaín:

As pantasmas dos cadaleitos
Gladys Núñez, profesora de manualidades do Multiusos de Chapela, por ternos feito unha orixinal e terrorífica figura de Samaín con pantasmas, cadaleitos e morcegos.
Dúas visitantes do noso Samaín, vestidas para a ocasión

 E, como non, á nosa queridísima Silvia Castro, por esta fermosa bruxiña que decora o noso mostrador estes días, e que ven a ser a admiración de todos os que visitan a biblioteca.
Con Silvia Castro, e a súa fermosa bruxiña-bibliotecaria de Samaín


No hay comentarios: