Esta mañá recibimos na Biblioteca de Chapela a visita duns cativos maravillosos: o alumnado de Infantil do Colexio Atalaya Cantabria.
Estes escolares se achegaron á nosa axencia de lectura para coñecer que é unha biblioteca e os servizos que ofrece e para darse conta da importancia de ler moito e converterse de cando en vez en verdadeiros "ratos de biblioteca".
Coa visita asistiron a un contacontos sobre ratos: "A voda dos ratos", da editorial OQO.
Ao rematar, realizamos xuntos unhas máscaras de ratos e ratiñas, coloreando, pintando, recortando...
E coas máscaras, xa ben colocadas, os nosos visitantes se despediron de nós ata outra ocasión.
Antes de marchar, adozáronse un pouco con riquísimos caramelos.
Velaquí o emperador dos ratos do noso conto |
E coas máscaras, xa ben colocadas, os nosos visitantes se despediron de nós ata outra ocasión.
Antes de marchar, adozáronse un pouco con riquísimos caramelos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario