Propostas lectoras, con libros de Fina Casalderrey e tamén libros sobre avós |
O pasado mércores o club infantil de lectura de Chapela reuniuse na súa xuntanza de Xaneiro.
O libro a comentar era "O estanque dos parrulos pobres", de Fina Casalderrey. Libro sensible que cun ton doce e, ás veces morriñento, nos achega a relación tenrísima entre unha rapaza e o seu avó.
Esta novela recibiu o Premio Edebé de Literatura Infantil no ano 1995 e se pode considerar un dos clásicos da narrativa infantil e xuvenil en lingua galega.
Os rapaces durante a sesión responderon a preguntas, escenificaron algunhas escenas e fixeron xogos. Como premio Leo lles agasallou cun divertido xogo de maxia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario