Nestes días a Biblioteca de Redondela veu de gozar dunha visita moi querida... e multitudinaria!
50 rapaces/as procedentes de dous campamentos urbanos do centro redondelán: o Programa Municipal de Conciliación 2015, Verán con Simona, e mais a Academia Redondela English Center se achegaron á biblioteca para gozar da maxia e dos contos de Leo Leíño, a nosa coñecidísima maga conteira.
Rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos que se divertiron moito na biblioteca e nos deixaron as súas risas e a súa ledicia. Agardamos vernos de novo para o vindeiro ano.
Apertas e... bo verán a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario