“A muller na literatura romántica” e o
lema da mesa redonda que organiza a Concellería de Muller do Concello de
Redondela coa colaboración das Bibliotecas Municipais do municipio, con motivo
da celebración do Día Internacional da Muller.
Participarán na mesma as escritoras galegas de
novela romántica Silvia Barbeito , Teresa
Cameselle (Premio Talismán de Novela
Romántica 2008 e Premio Vergara de Ediciones B
coa súa última novela) e
Lydia Leyte, baixo a
coordinación de Trinidad Palacios, organizadora desde o ano 2011 do “Congreso de Literatura Romántica Ciudad
de A Coruña”
O evento terá lugar na Casa da Cultura de
Redondela, situada na Praza Figueroa, ás 20:00
h. do venres 11 de marzo
A entrada é libre e de
balde
O acto rematará coa firma das autoras para todos
aqueles que o desexen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario