O programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia, vén de finalizar a súa edición de 2016.
Grazas a este programa, contamos con moitas actividades de animación nas Bibliotecas de Redondela: contacontos, obradoiros, contos para bebés, títeres... e gozamos de diversión, con debuxo, animais, alimentos, arte, creatividade, literatura e emocións, en diferentes actividades nas nosas bibliotecas, desde marzo e ata outubro.
No blog de Ler conta Moito podes ver as actividades que se desenvolveron nas bibliotecas municipais de Redondela.
Moitas grazas á Rede de Bibliotecas de Galicia por contribuir a unha programación cultural de calidade nas nosas bibliotecas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario