miércoles, 2 de noviembre de 2016

AVISO: A biblioteca de Chapela pechará do 7 ao 11 de Novembro


Informamos a todos os usuarios das bibliotecas que a Axencia de lectura de Chapela pechará ao público a semana do 7 ao 11 de Novembro.

Por causas totalmente alleas ás bibliotecas municipais e mais ao Concello de Redondela, o programa informático de xestión desta biblioteca, Proxecto Meiga, ven de sufrir desaxustes que é preciso corrixir para poder seguir dando o servizo adecuado no préstamo e na organización da colección.

Pedimos desculpas polos inconvenientes que podan sufrir os usuarios da biblioteca, e agardamos poder reinstalar o servizo ao longo desta semana.

Habilitarase un aula de lectura para eses días no Multiúsos de Chapela. O horario da mesma: de luns a venres, de 16:30 a 21:00 h.

Grazas pola súa comprensión. Atentamente,
BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE REDONDELA.

No hay comentarios: