Na tarde de onte as bibliotecas de Redondela volveron revivir unha desas actividades máxicas e especiais que de cando en vez, compartimos co noso público máis novo. Crianzas de 0 a 3 anos estaban convidados a achegarse ao noso centro, acompañados dos seus pais, nais ou avós, para gozar das súas primeiras experiencias cos contacontos. As prazas, temos que decilo, se completaron de seguida.
Entre risas, fascinación polos libros, emoción e ata algún choro, os cativos e cativas gozaron da experiencia de sentir os contos de preto e en directo, da man de dous contadores de excepción. Cris de Caldas e Xabi do Camiño, contando e tocando música, fixeron as delicias dun público esixente, rebuldeiro, entusiasta e agradecido a un tempo.
Grazas aos nosos fantásticos contadores desta tarde, por facernos vivir esta emoción cos cativos e por achegarlles a tradición da nosa literatura oral aos maiores, para que podan transmitila.
Cris cantando e Xabi tocando instrumentos |
Grazas aos nosos fantásticos contadores desta tarde, por facernos vivir esta emoción cos cativos e por achegarlles a tradición da nosa literatura oral aos maiores, para que podan transmitila.
Cris de Caldas xunto a Xabi do Camiño, e a Leolo, felicitando ás bibliotecas polo seu 50 aniversario |
A nova recollida en Atlántico Diario |
No hay comentarios:
Publicar un comentario