As bibliotecas son lugares moi especiais, e...o máis impresionante? Os
estupendos usuarios que as visitan, como os nenos do campamento de verán
da Piscina Municipal, este pasado venres.
Co 50 aniversario como elemento central dun percorrido que os levou desde as orixes ata a actualidade das bibliotecas de Redondela, o nenos
seguiron con atención as explicacións de Cote e Azucena, e demostrárono coas acertadas respostas que, ao remate, os levaron a gañar varios premios sorpresa.
Para todos, como recordo, unha guía de Redondela cos Bolechas como inmellorables cicerones .
Moitas grazas a todos pola vosa visita!
Aquí tódalas fotografías da mesma:
No hay comentarios:
Publicar un comentario