As Bibliotecas Municipais de Redondela colaboran coa Asociación Cultural e Social de Chapela en dar servizos ao novo Espazo de lecer no Multiúsos de Chapela.
Este espazo de lecer creouse como un xeito de dar servizo á poboación dos nosos maiores da contorna, grazas ao impulso da citada Asociación Cultural, pero tamén coa colaboración da Unión Democrática de Pensionistas de Redondela (UDP) e o propio Concello. O Multiúsos de Chapela abre así de mañás para ofrecer un espazo de lecer para os maiores, con xogos de mesa e mais a prensa diaria, ao tempo que oferta obradoiros de saúde, estimulación da memoria, mobilidade, actividade física adaptada, etc.
Aínda que os obradoiros teñen prazas limitadas e precisan de previa inscrición, o acceso á sala de ocio será libre.
As bibliotecas municipais colaboramos con esta fermosa iniciativa cedendo a prensa da Biblioteca de Chapela durante o horario de funcionamento do servizo, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 h.
Agradecemos e felicitamos a ambas asociacións pola súa iniciativa. Onte foi a inauguración, na que estivemos presentes. Vendo a concurrencia podemos augurarlle un grande éxito para este espazo para os maiores.
Parabéns, de novo, por poñelo en marcha, e grazas por contar coas bibliotecas municipais para este novo servizo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario