jueves, 2 de abril de 2020

Feliz Día do Libro Infantil!!

A pesares do confinamento, as bibliotecas estamos con vós neste día, tal e como vos prometeramos.


A maga Leo Leíño anunciou a data especial do calendario na véspera para os nosos lectores, coa maxia e humor da que sempre sabe facer gala:

A actriz e contacontos Olga Cuervo, Redondelana de adopción, nos lembra esta data neste emotivo vídeo desde a súa casa:


Xandre Vázquez, produtor da compañía teatral redondelana Educateatro Produccións, nos le a mensaxe oficial do Día Internacional do Libro Infantil deste ano:




→ E na nosa sección #quedanacasaele de Radio Redondela, estamos a facer recomendacións de literatura infantil para estes días:

→ Como todos os días, ás 5:00 PM.. achegámosvos a #horadoconto, en colaboración con outras bibliotecas municipais de Galicia. 


→ Por último, seguimos a pedirvos que nos mandedes imaxes ou vídeos dos vosos recunchos de lectura, ou ben que as compartades nas vosas redes co cancelo (#) #quedanacasaele.


Feliz día e a gozar dos libros máis que nunca... Pero antes de rematar, despedímonos cun conto de boas noites, narrado por unha das compañeiras das nosas bibliotecas municipais:


#quedanacasaele 
#quedateencasaylee 
#euquedonacasa 
#aculturasegue

No hay comentarios: