sábado, 30 de mayo de 2020
Consulta de computadores nas Bibliotecas de Redondela
A partir do luns, 1 de xuño, libérase un novo servizo: a consulta de computadores das nosas bibliotecas.
Co obxectivo de preservar a seguridade dos usuarios:
1. Poderán utilizar os computadores os maiores de 14 anos
2. Permitirase o acceso a unha soa persoa a cada equipo, podendo ser acompañados por outra persoa quen se atope en situación de dependencia.
3. As persoas que o desexen poderán reservar os equipos para unha hora
determinada nos teléfonos 986 40 15 61(biblioteca de Redondela)/986 45 42 26 (biblioteca de Chapela) onde se lles asignará
o uso dun computador. A cita será persoal e
intransferible.
4. Unha vez utilizado, o computador quedará fóra de uso ata ser
hixienizado.
Lembramos que o horario de apertura da biblioteca actualmente é de luns
a venres de 9:00 a 14:00 h. Igualmente lembramos que está
a funcionar o servizo de préstamo e devolución de libros e
audiovisuais, así como o de información e referencia bibliográfica.
Na web do concello
Na web do concello
sábado, 23 de mayo de 2020
"Bolsa Sorpresa" para ler e ver
Como vos comentamos nas entradas anteriores, podedes acceder ao noso catálogo e ás listas de novidades para buscar, nestes momentos nos que non se pode acceder dun modo físico á colección, o libro que vos poida interesar.
Pero querémosvos facilitar outro modo divertido de "escoller" lectura:
deixádeo nas nosas mans e recollede, nunha bolsa pechada, a modo de "cita a
cegas", o voso pack de lectura, que incluirá dous libros máis unha película de vídeo (se así o queredes).
Enviade un correo electrónico co asunto "Bolsa Sorpresa" á biblioteca á que queirades solicitar os libros: bibliotecaredondela@redondela.gal ou bibliotecachapela@redondela.gal, solicitando o préstamo e avisarémosvos de cando podedes pasar a
recollelo.
Quen sabe!🤔 quizais vos atopedes con lecturas que nunca escolleriades e que descubrides que vos encantan😍...ou non😇😉...
Na web do concello
Quen sabe!🤔 quizais vos atopedes con lecturas que nunca escolleriades e que descubrides que vos encantan😍...ou non😇😉...
Na web do concello
| En Radio Redondela |
miércoles, 20 de mayo de 2020
As listas de Novidades
As listas do catálogo da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia son seleccións de documentos dese catálogo, son unha maneira de gardar unha colección de contidos sobre un tema específico ou para un propósito específico. Como usuari@s tamén podedes crear a vosa propia lista.
A continuación deixámosvos as ligazóns ás creadas coas novidades das nosas
bibliotecas nos últimos trimestres; deste xeito, podedes acceder dunha forma
sinxela ás últimas incorporacións de documentos ao noso/voso fondo.
- Redondela: Cinema e sonoro 2020
- Redondela: Infantil-Xuvenil 2020 (3º-4º trimestre)
- Redondela: Ficción Adultos / Xóvenes adultos 2020 (3º -4º trimestre)
- Redondela: Ficción Adultos / Xóvenes adultos 2020 (2º trimestre)
- Redondela: Infantil-Xuvenil 2020 (2º trimestre)
- Redondela: Ficción Adultos / Xóvenes adultos 2020 (1º trimestre)
- Redondela: Infantil-Xuvenil 2020 (1º trimestre)
- Redondela: Non Ficción 2020
- Redondela Biblioterapia
- Redondela-Biblioterapia Ficción e Non Ficción
- Redondela-Chapela: Adultos/Xóvenes adultos 2021
- Redondela-Chapela: Infantil/Xuvenil 2021
- Redondela-Chapela: Non ficción 2021
Consulta no catálogo das Bibliotecas Municipais de Redondela
Podedes consultar o noso catálogo para buscar os libros que desexedes pedirnos. Aquí tedes unha pequena guía:
1. Entrade no catálogo de rbgalicia e no espazo Na biblioteca
comeza a escribir o nome do municipio e xa che aparecen as bibliotecas de Redondela.
comeza a escribir o nome do municipio e xa che aparecen as bibliotecas de Redondela.
2. Elixe a biblioteca que queiras: a biblioteca de Chapela, a biblioteca de Redondela ou as dúas bibliotecas(Redondela-Bibliotecas Públicas Municipais)
3. Fai a procura do libro que che interese.
4. Unha vez atopado, se está prestado verás que pon "prestado" e a data de vencemento
5. Se está libre simplemente poñerá "dispoñible".
*Mentres dure o estado de alarma non haberá préstamo entre os nosos dous centros
martes, 19 de mayo de 2020
20 de maio: apertura das Bibliotecas Municipais de Redondela
As Bibliotecas Municipais de Redondela abrirán as súas portas, mañá, 20 de maio, seguindo as medidas de seguridade establecidas. Algunhas delas resúmense nos seguintes puntos:
➢ Non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que presenten síntomas ou
estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou
que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter
contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
➢ Os centros estarán abertos (de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00
horas) para ofrecer exclusivamente o servizo de préstamo e devolución de documentos.
As persoas que o desexen poderán realizar vía correo electrónico a
petición previa dos mesmos e indicaráselles o día en que pode
recollelos; desta maneira os materiais solicitados estarán preparados
cando as persoas usuarias accedan á biblioteca:
bibliotecaredondela@redondela.gal
bibliotecachapela@redondela.gal
bibliotecaredondela@redondela.gal
bibliotecachapela@redondela.gal
➢ Os documentos devoltos permanecerán en corentena 14 días, de maneira que se poida garantir a súa salubridade cando volvan ser utilizados.
➢ Aforo: unicamente 1 persoa dentro da sala. Os menores de 14 anos só
terán acceso cando estean acompañados por un adulto responsable.
➢ A información e orientación bibliográfica farase preferentemente vía
correo electrónico:
bibliotecaredondela@redondela.gal
bibliotecachapela@redondela.gal
bibliotecaredondela@redondela.gal
bibliotecachapela@redondela.gal
➢ Clausuraranse os computadores de uso público.
➢ O persoal do centro será o encargado de manipular os documentos.
➢ Non se poderán realizar actividades culturais nin actividades de lectura e
estudo en sala. Tamén se interrompen as reservas de documentos.
➢ Para a información e a consulta da colección: dirixirse ao persoal da
biblioteca ou consultar o catálogo virtual da mesma onde se recollen todos os materiais dispoñibles, e as
listas de novidades.
➢ Continúase facilitando o acceso á plataforma Galicia Le, servizo de préstamo de libro electrónico.
➢ As persoas usuarias que accedan ás instalacións das bibliotecas terán
que adoptar as medidas axeitadas para protexer a súa saúde e evitar contaxios,
mantendo a correspondente distancia de seguridade mínima de 2 metros
en calquera dos espazos da biblioteca.
➢ Para o acceso á biblioteca terase que respectar a sinalización, acceder con máscara e desinfectar as mans ao entrar.
As seguintes fases de desescalada iranse definindo e adaptando segundo as condicións marcadas polas autoridades sanitarias e as administracións correspondentes.
En Radio Redondela sobre a corentena dos documentos
En Radio Redondela sobre a reapertura das bibliotecas de Redondela
En Cousas de...sobre a reapertura das bibliotecas de Redondela
No Faro de Vigo sobre a reapertura das bibliotecas de Redondela
En Radio Redondela sobre a corentena dos documentos
En Radio Redondela sobre a reapertura das bibliotecas de Redondela
En Cousas de...sobre a reapertura das bibliotecas de Redondela
No Faro de Vigo sobre a reapertura das bibliotecas de Redondela
domingo, 17 de mayo de 2020
A primeira doazón tras o confinamento...
Fáisenos a boca auga🤤 pensando en cando poidamos gozar 😍desta marabillosa doazón da Fundación Filomena Rivero Alonso!
Estas obras enriquecerán o fondo de novidades📚 das Bibliotecas Municipais de Redondela na súa próxima reapertura.
Moitísimas grazas💗 á Fundación! e gocemos de todos estes libros☺️:
A Nova en Radio Redondela
jueves, 14 de mayo de 2020
Premios na fase de desescalada
🏆Premios na fase de desescalada
🥇@s gañador@s do Premio Mellor Lector/a do Ano das Bibliotecas Municipais de Redondela xa están a recoller os seus agasallos 📔📘📒nas librerías do municipio.
Os irmáns🔹 Brais e Adrián, de 5 anos, xunto con 🔹Sheyla
Fernández (na fotografía recollendo o seu premio na Librería La
Imprenta) na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela, e 🔸David Fernández, tamén de 5 anos, xunto con 🔸José Lorenzo, na Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela, foron os galardoados
deste ano nas categorías de menores e maiores de 14 anos; isto fainos
merecedores dun premio para a adquisición de libros📚 nunha librería do municipio.
![]() |
| José
Lorenzo, mellor lector do ano 2019 da Biblioteca Xela Arias, recolle o
seu premio na librería Acuario, situada na mesma parroquia. 🎁📚📚 |
![]() |
| Brais e Adrián xa recolleron os seus contos📚 como 🏆Premio aos Mellores Lectores Infantís da biblioteca de Redondela no 2019, na Librería Mandamamá. |
![]() |
David Fernández, Mellor Lector Infantil 2019 🥇📖 da Biblioteca de Chapela, recolle o seu premio 📚 na Librería Acuario
|
🏣As Bibliotecas Municipais de Redondela distinguen cada ano, en torno ao Día do Libro📖, aos lectores e lectoras menores e maiores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo, atendendo aos datos que rexistran as súas estatísticas.
miércoles, 13 de mayo de 2020
Devolucións antes da apertura
Ata a súa apertura ao público , as Bibliotecas Municipais de Redondela faciliatrán a devolución das obras que se atopan en préstamo no seguinte horario:
-no Multiúsos da Xunqueira de Redondela, de 09:00 a 14:00 h., de luns a venres.
-no Multiúsos de Chapela de 09:00 a 14:00 h., tamén de luns a venres.
Chamade
ao teléfono das bibliotecas,
986
40
15
61 (Redondela) e 986 45 42 26 (Chapela), e o persoal abriravos para poder efectuar a devolución nun receptáculo habilitado para ese efecto
sábado, 9 de mayo de 2020
AVISO: Desescalada e reapertura das bibliotecas
📌📌AVISO IMPORTANTE-USUARI@S DAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE REDONDELA
En pleno curso da desescalada, estamos a traballar para garantir a
seguridade do persoal e mais de usuarios e usuarias na reapertura das nosas
instalacións 🏣.
É un proceso complexo pois queremos que todo esté perfecto e vos
atopedes absolutamente segur@s e tranquil@s nas nosas, vosas bibliotecas👍👍👍.
📖📖 Ao
longo desta vindeira semana iremos informando das novidades cara a
apertura. Estade atentos ás redes sociais das bibliotecas e mais do Concello
de Redondela.
Esperámosvos con moita ilusión e agardamos vervos moi pronto🥰🥰🥰.
Un saúdo dos Clubs de Lectura das bibliotecas
Os Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais de Redondela envían un saúdo a tod@s @s lector@s das Bibliotecas de Redondela👋👋👋.
Construiron cada letra desta imaxe con libros dos seus fogares📔📒📙📘 e lémbrannos que, aínda que non se poidan reunir, seguen estando presentes na vida das bibliotecas e da cultura de Redondela.
Moitas grazas!🥰 e, dun xeito especial a ♦️Mercedes♦ Verónica ♦ Diana ♦ Ana♦️David♦ Eva♦️Loly ♦ Marga ♦ Tini ♦ María ♦ Marta ♦ Olga ♦ Adela e por suposto ao 🥇"mellor coordinador de clubs de lectura do mundo mundial"🥇, Jerónimo Pomares, non hai palabras para agradecer o gran labor que levas realizando desde fai xa unha chea de anos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























