O luns 29 de xuño reactivamos os servizos
suspendidos das bibliotecas seguindo as instrucións da Resolución do 12 de xuño
de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá
publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020,
sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria
ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición
cara a unha nova normalidade.
- Respectando estas instrucións limitamos a capacidade das salas para garantir a distancia de seguridade. Só se poden utilizar os postos sinalizados e habilitados cunha cadeira e non se poden mover éstas baixo ningunha circunstancia.
-
É obrigatorio o uso da máscara tanto para acceder á biblioteca como para circular polos espazos comúns nos que non se pode garantir a distancia de seguridade. Non é necesaria cando se estea sentado nos postos pois estes xa manteñen a distancia de seguridade.
-
Permítese o acceso áos andeis da colección. Manterase posta a máscara en todo momento. Deberanse desinfectar as mans antes de manipular os documentos.
-
Durante a lectura da prensa e revistas:-manterase posta a máscara en todo momento.-deberanse desinfectar as mans antes do seu uso ou manipulación.
-
Sala Infantil-xuvenil:Na sala infantil, só se poderán utilizar os postos sinalizados e habilitados cunha cadeira e non se poden mover éstas baixo ningunha circunstancia. Cada mesa poderá ser empregada por unha soa persoa ou por varias se conviven no mesmo fogar.Nenos e nenas:Menores de 6 anos:-non teñen a obriga de empregar a máscara pero deben estar sempre acompañados por una persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene.-Maiores de 6 anos:-están obrigados ao uso da máscara tanto para acceder á biblioteca como para circular polos espacios comúns nos que non se pode garantir a distancia de seguridade.-non están obrigados ao uso da máscara cando estean sentados nos postos pois estes xa manteñen a distancia de seguridade.
-
O traballo en grupo non está permitido.
-
Remata o depósito temporal de corentena para os documentosDOCUMENTOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario