A partir de mañá, 23 de xuño, comezamos unha nova colaboración entre as #bibliotecasmunicipais de Galicia.
Todos os días (de luns a venres) ás 12:00 h. haberá unha publicación co cancelo #biblioveranengalicia co que cada biblioteca participante dará a coñecer lugares interesantes do seu concello🏞🌅🌉🌌, e tamén libros e outros documentos 📖📜📰📀🎞📸 para coñer mellor cada localidade.
Con esta iniciativa queremos provomer o turismo pola nosa terra durante este verán, animando a coñecer todos os recunchos que aínda nos quedan por descubrir.
Deste xeito queremos aproveitar os lazos establecidos entre as bibliotecas municipais da nosa comunidade durante o confinamento para
ofrecer ás persoas usuarias da rede novas propostas conxuntas.
#biblioveranengalicia
- A nova na web do noso Concello.
- Compartida tamén no Facebook oficial do Concello de Redondela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario