O pasado venres as Bibliotecas Municipais de Redondela recibiron a doazón de Leo "Más y Más", un libro ilustrado que naceu, nunha tarde de verán, da imaxinación de Daniela e Nayara (Nayi), dúas amigas de 7 anos.
Daniela pasa o seu tempo escribindo multitude de historias e Nayi dá forma ao seu mundo a través do debuxo.
Daniela e Nayi coa directora das Bibliotecas Municipais de Redondela no momento da doazón. |
Elas son as creadoras da historia de Leo e a súa boneca Adelaida que nos
fan reflexionar sobre o valor das cousas nas nosas vidas.
Desde que a idea de editalo tomou forma, tanto Daniela como Nayi
tiveron claro que tiña que ter un fin solidario, así que decidiron que
todo o diñeiro recadado coa venda do libro destinásese a Bicos de Papel (Asociación de axuda a nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo)
Moitísimas grazas por este fermoso agasallo e por tan estupenda inicitiva!
As persoas interesadas en adquirir esta obra e colaborar no seu fin solidario poden solicitala a través do correo electrónico infobiyoga@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario