O pasado 26 de agosto, puxéronse en marcha as actividades nas nosas bibliotecas.
Tendo presente o
medo aínda existente, unido a unha das
conmemoracións literarias do ano,
o centenario do nacemento do pedagogo e escritor italiano Gianni
Rodari, deu
como resultado a iniciativa, financiada pola
Fundación Filomena Rivero Alonso, fundación redondelana que
leva xa moitos anos colaborando coas nosas bibliotecas, que levou
o nome de Contos
por teléfono
, en alusión a unha das obras máis coñecidas deste autor. Ese
26 de agosto os que o desexasen, previa inscrición na biblioteca de Redondela, podían
escoitar unha historia por teléfono, dunha duración aproximada de 5
min., na voz da contacontos viguesa Ana Facchini. Estivo
dirixida a público de todas as idades, tanto infantil como adulto, e
foi
unha
bonita forma de ir dando entrada ás actividades dun modo absolutamente
seguro.
Tipoloxia
da narración
Empregáronse
un total de 16 historias diferentes, algunhas narradas máis
veces ca outras segundo as sensacións percibidas na interacción
inicial cos nenos e as familias.
No
caso dos máis pequerrechos, optouse polo xogo, historias
simples, pequenos retrousos cantados que invitasen á participación,
fórmulas repetitivas, ritmo e vocabulario arredor das temáticas
relativas ao seu mundo máis próximo.
Para
os cativos entre 8 e 12 anos, sen deixar de procurar a
interacción e cunha presenza algo máis tímida das cancións, que
caracterizan ás narracións de Ana Facchini, as historias, algo máis
complexas no fío argumental, xiraron principalmente arredor do humor
e tiveron como temática, presente dun xeito máis ou menos marcado,
o coidado do medio ambiente, a relación coa natureza e os seres
vivos e lendas sobre as orixes das cousas.
No
caso dos adultos, narráronse historias cun ton poético e lírico
máis que narrativo, facendo referencia ás relacións humanas e ao
significado da propia vida. Noutros casos, as narracións, pensadas
inicialmente para un público infantil, cobraron unha dimensión nova
aos oídos dos adultos e por suposto, non podían faltar a tradición
e o humor, tan
necesario nestes tempos.
Acollida
Moitísimas grazas a tod@s os que participastes nestes "Contos por teléfono"!
A acollida foi máis
que positiva. Foi
unha proposta que xerou moita curiosidade e nese sentido, queremos
destacar o feito de que familias enteiras se reunisen arredor do
teléfono para compartir as historias, tal
como na tradición máis antiga, as comunidades escoitaban historias
arredor dunha lareira.
En
Radio Redondela
No
Faro de Vigo
No
Facebook do Concello