sábado, 13 de noviembre de 2010

La Ola

O club de lectura, sempre á procura de novas singraduras por mares ignotos, dedicouse ao windsurf cinematográfico e acudiu entusiásticamente a ver "La Ola", unha película alemá de 2008, que recrea o experimento que en 1969 Ron Jones efectuou cos seus alumnos, sobre as orixes do totalitarismo. A pregunta que formula é turbadora na súa sinxeleza: sería posible instaurar unha ditadura como o Tercer Reich nos nosos días?
A cinta, filmada cun ritmo envexable, atrapou desde o primeiro momento ao auditorio, que debateu animadamente ao finalizar a proxección diversos aspectos sobre a sociedade , os mecanismos de control e a maleabilidade das persoas, especialmente a certas idades críticas. Ademais, analizáronse algunhas esceas e a linguaxe cinematográfica empregada nelas para plasmar diversas sensacións.
Unha reunión diferente, cun modo de lectura alternativo que resultou intensa, inquietante… e doce (iso grazas ás chuches!)
Sen dúbida, o club vai a toda vea… sempre á última onda!

1 comentario:

Anónimo dijo...

¡Soberbia película!