viernes, 28 de diciembre de 2012

Murakami, por fin nos clubs de lectura de adultos


Outra das nosas xuntanzas do club xirou entorno a esta sorprendente, e inquedante selección de relatos do xenial escritor xaponés Haruki Murakami.
 
Sauce ciego, mujer dormida é unha colección de 24 relatos, escritos en diferentes épocas, pero que foron recompilados para publicarse nesta obra no ano 2008.
 
Murakami, escritor de novelas, pero tamén de relatos, e que combina con mestría os recursos de ambos xéneros, non deixou indiferente aos nosos lectores. Se a algúns lles fascinou a súa escrita, outros non se sentiron nada atraídos, e confesaron que lles provocaba moito desagrado.
 
Haruki Murakami
E é que os escritos de Murakami están feitos para inquedar, para sorprender, para levarnos a outras perspectivas, e para meclar de xeito moi hábil a realidade coa irrealidade. Cun envolvente toque de misterio e surrealismo, cun toque de realismo máxico, ás veces irónico, sabe alterar a nosa percepción, mezclando o imposible cos feitos máis cotiáns.
 
O que máis nos agradou de Murakami foi a súa capacidade poética para construir as máis delicadas e evocadoras metáforas, a riqueza dos seus símiles, e o ton onírico e fascinante dalgúns dos seus pasaxes.
 
Coincidimos en que o nivel dos relatos é desigual. De feito, "Sauce ciego, mujer dormida", o relato que comeza e que titula toda a obra, foi o que menos nos gustou a todos os presentes, ata o punto de que case nos chega a desanimar da lectura do libro. Mais, ao continuar cos seguintes, fomos atopando un Murakami espléndido, sorprendente e sensacional, cunha prosa chea de ricos matices, para saborear pouco a pouco, en pequenas doses.
 
Temas tradicionais da narrativa oriental se funden coa occidental nos seus pasaxes. Algúns motivos, algo obsesivos, inundan os seus relatos:
 
O amor
O sexo
O sentido da vida
A soidade do home contemporáneo
A morte
O paso do tempo
O espazo que percorremos e que vivimos
A propia identidade
 
Ainda que o emprego de finais abertos, anticlimáticos, ás veces nos deixa con sensación de que nos falta algo, de que os contos quedan sen rematar, e esa é a parte que menos nos gusta dos seus contos.
 
Como colofón e como resumo da riqueza da linguaxe de Murakami, recollemos unha fermosa cita (extraida do relato: La tía pobre):
"- (...) ¿No te parece un poco extraño todo esto?
Asentí.
- ¿Por qué será?
En vez de responder, ella se limitó a ladear un poco la cabeza. De espaldas a mí, sumergió sus finos dedos en el agua. Fue como si la pregunta pasara a través de sus dedos hasta ser absorbida por las ruinas del fondo del agua. Seguro que mi señal de interrogación aún sigue allí, sumergida en el fondo del estanque lanzando brillantes destellos como un fragmento de un bruñido metal. Y, posiblemente, les haga la misma pregunta a las latas a su alrededor"
 
 Se vos gustou, recomendámosvos especialmente dúas das súas novelas. Están á vosa disposición nas nosas bibliotecas:


Tokio Blues











Tras do solpor



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Para mi, Murakami es un autor actual imprescindible porque narra con una brillantez poco común, historias a su vez, poco comunes.
Una delicia saber que ya va entrando en los clubes de lectura. Espero que en Lugo podamos disfrutarlo pronto.
Melina

Novas das Bibliotecas dijo...

No club de lectura podedes gozalo moito, porque a escrita de Murakami é moi singular. Guste ou non a cada un dos lectores, dende logo non deixa a ninguén indiferente, e da para analizar e discutir sobre moitos aspectos.
Agardamos que podades telo tamén no voso club.
Saúdos dende Redondela e grazas, Melina