viernes, 30 de abril de 2010

2 de maio: celebramos a nosa patroa

Este domingo, 2 de maio, ademais de día da nai, os bibliotecarios celebramos á nosa patroa, Santa Wiborada
W
iborada foi a primeira muller canonizada por un Papa e, no seu convento de San Galo, foi unha parte activa da rica biblioteca do mosteiro, unha das máis famosas da época, para a que encadernaba libros, organizaba manuscritos e outros labores, sen contar con ningún tipo de programa de xestión.
Unha visión de Wiborada, a conquista e profanación por parte dos húngaros, permitiu salvar a biblioteca (cuxos materiais trasladaron), e ás persoas que traballaban nela, con todo, ela cumpriu a súa promesa e permaneceu encerrada no mosteiro.
Cando chegaron os húngaros, nada había nel, salvo unha monxa emparedada. Facendo gala dunha enorme crueldade, tiraron o tellado da súa cela teza a teza, a torturaron e a remataron cunha machada; así Wiborada morreu como mártir.
Por salvar a biblioteca, polos seus consellos sempre sabios e os seus dons de ciencia, Santa Wiborada é a patroa dos bibliotecarios.
A súa imaxe represéntase cun manuscrito e un machada, símbolo do seu martirio
¡Felicidades aos nos@s compañeir@s!

miércoles, 28 de abril de 2010

Campeóóóns, campeóóóns,...oe, oe, oeee!!!



Carme Castro Viaño, Martina Teles Cerqueira, Mª Carmen Correa Morillo e José Antonio Acuña C0uñago comparten unha mesma paixón: a lectura . Por iso as bibliotecas de Redondela decidimos recoñecelos como "Mellores lectores do ano 2009"tendo en conta o "Ranking de préstamos" do ano que rematou.
Así mesmo , resultaron premiados no sorteo da Semana do Libro: a festa das palabras: Lucía Lemos Míguez e Xurxo Lois Valcárcel Gil
Parabén a todos!

martes, 27 de abril de 2010

Os rapaces do Club de Lectura aprenden sobre as Guerras Mundiais co libro "La conferencia de los animales"

O escritor alemán Erich Kästner e o seu libro sobre os conflictos mundiais serviron para facer reflexionar aos rapaces do club de lectura acerca da necesidade de preservar a paz e a concordia entre os pobos.
Dada a actitude crítica deste escritor co militarismo e coa escalada de violencia, algunhas das súas obras chegaron a ser prohibidas e queimadas públicamente polos nazis. "La conferencia de los animales" foi publicada a pouco de rematar a 2ª Guerra Mundial, en 1949, nun contexto de recuperación despois da contenda, pero tamén de crecente tensión e enfrontamento entre os dous bloques que quedaron distanciados polo chamado telón de aceiro. O argumento non pode aludir máis directamente a estes feitos: despois de dúas guerras mundiais e varias e infrutuosas conferencias de paz entre os gobernantes do mundo, os animais, capitaneados polo león Alois, deciden facer a súa propia conferencia e establecer eles os acordos necesarios para establecer a paz e a cordura.

Como algúns dos nosos rapaces non coñecían estes feitos da historia recente, a primeira parte da sesión discorreu como unha explicación e contextualización destes feitos históricos, así como comentarios relacionados coas situacións plantexadas no libro.


As seguintes partes da sesión foron máis lúdicas: o xogo da guerra, feita con globos, e tamén o xogo dos animais. Os participantes do club, divididos en dous grupos, tiñan que competir entre eles para representar o movemento dun cempés. Dese xeito, cada un dos grupos tiña que alcanzar o acordo e a compenetración precisas para levalo a cabo.

II Semana do Libro (Redondela)

domingo, 25 de abril de 2010

A morte e o bibliotecario


A Subdirección Xeral de Bibliotecas edita A morte e o bibliotecario, de Jaume Pòrtulas, premio nacional de Literatura 2009
Por terceiro ano consecutivo, a Subdirección de Bibliotecas edita e publica un libro virtual para conmemorar a festividade de Sant Jordi . Este ano tamén se editou en forma e-pub para ser lido
directamente cun lector de libros electrónicos ou desde o computador
Jaume Pòrtulas (Barcelona, 1949), Premio nacional de Literatura 2009, é catedrático de Filoloxía Grega na Universidade de Barcelona; traballou sobre o mundo grego e sobre temas de tradición clásica en Cataluña. Desde 2001, é membro do Consello directivo da Fundación Bernat Metge. É tamén membro da aula Carles Riba da Universidade de Barcelona. Entre 2000 e 2006
foi Presidente da Sociedade Catalá de Estudos Clásicos.
As ilustracións do libro son de Carlos Ruiz Brussain e Josep Alcaraz Reinoso.
Accede aquí ao libro nos distintos formatos

viernes, 23 de abril de 2010

Contacontos no Día do Libro na Biblioteca de Chapela


O
Día do Libro é sempre unha data moi especial para as bibliotecas. Para festexalo quixemos ofrecer un contacontos a todos os cativos e cativas da nosa biblioteca. Aquí tedes algunhas das fotografías.

Alicia no País das Marabillas e o Día do Libro no C.E.I.P. Alexandre Bóveda

O C.E.I.P. Alexandre Bóveda de Chapela organizou esta orixinal exposición sobre o coñecido personaxe de Lewis Carroll, como un xeito de celebrar o Día do Libro.

Agradecemoslles que contaran cos fondos da nosa biblioteca para dita actividade.

Podedes ver as fotos no seu blog de Acaracolatola.

¡Noraboa pola vosa iniciativa!

José Emilio Pacheco obtén o Premio Cervantes 2010

José Emilio Pacheco defende a validez do Quixote ao recibir o Premio Cervantes


O galego, orixe do portugués

Con María Xosé Queizán na Semana dos Libros.
Un claro, preciso e amenísimo percorrido pola historia da lingua galega
Programa Letras Vivas

martes, 20 de abril de 2010

Contacontos polo Día do Libro na Biblioteca de Chapela


Na Biblioteca de Chapela queremos festexar o noso 5º Aniversario e o Día do Libro cun contacontos para cativos e cativas cos seus pais e nais.

A cita será o vindeiro Venres 23 de Abril, ás 18:30 h. e a contadora será Leo.

II Semana do Libro: Conferencia da escritora Mª Xosé Queizán

C
on motivo da Semana do Libro, que estamos a festexar en Redondela en torno á conmemoración do día 23 de Abril, en Redondela teremos unha conferencia da escritora Mª Xosé Queizán, co título: O galego, orixe do portugués.

Será o vindeiro Mércores 21 de Abril, ás 20:00 h, na Casa da Cultura (situada na Praza Figueroa da vila).

Esta actividade é resultado do cofinanciamento entre a Concellería de Cultura e a Xunta de Galicia. Asimesmo, na súa organización participan as Bibliotecas de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.

viernes, 16 de abril de 2010

Semana do Libro: A festa das palabras

Esta semana, con motivo do Día do Libro, as bibliotecas saen á rúa.

- O Luns 19 e o Martes 20: na Alameda de Chapela. O horario será de 17:00 a 20:30h.




- O Mércores 21, Xoves 22 e Venres 23: nos soportais do Concello de Redondela.
Aos que veñades á biblioteca ambulante, invitámosvos a participar no noso sorteo: Vota polo mellor libro do ano. Podedes participar as persoas de todas as idades.

- Ademáis, o día 21 de Abril, ás 20:00 h, teremos unha conferencia da escritora Mª Xosé Queizán, na Casa da Cultura de Redondela.


Na actividade participan as Bibliotecas municipais de Redondela xunto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

O recital de Yolanda Castaño en vídeo

Préme aquí para velo



Moitas grazas a Vigovideo e a Roberto por gravarnos o evento.

jueves, 15 de abril de 2010

Recital de Yolanda Castaño na Biblioteca de Chapela

E
ste mércores, como celebración do noso V aniversario, tivemos un acto moi especial na biblioteca. Como estaba previsto, a poeta Yolanda Castaño veu á biblioteca para falar sobre poesía e recitar algúns dos seus poemas preferidos.


O acto se celebrou no auditorio do Edificio Multiusos, onde poderíamos contar con mellores medios para proxectar audio e sonido. Eduardo Reguera, concelleiro de cultura, inaugurou a actividade falando sobre a biblioteca e lendo un poema da nosa convidada.



A nosa poeta comezou lendo o conto-poema Cando eu saiba ler adicado aos rapaces máis pequenos, e continuou con outros poemas para os adultos presentes, sacados de libros como Erofanía, O libro da Egoísta ou Profundidade de campo.



Finalizado o seu recital, pasamos a proxectar un videopoema dirixido por ela mesma, onde fusiona unha das súas poesías con inquedantes imaxes, sons e música. Este último gustou moito aos asistentes ao evento.

Yolanda accedeu con moito agrado a asinarlles autógrafos a algúns dos cativos que llo pediron, así como a facerse fotos con eles. E xa que estaba a facer adicatorias... pedímoslle que nos asinase algún dos exemplares seus que temos na biblioteca.


Agradecemos a Elena Becerra e a Miguel Martínez a súa axuda no desenvolvemento desta actividade.

miércoles, 14 de abril de 2010

V Aniversario da Biblioteca de Chapela




O vindeiro Mércores, día 14 de Abril festexamos o V Aniversario da Biblioteca de Chapela.
Para tan fermosa cerimonia, contaremos coa poeta Yolanda Castaño, unha das escritoras máis recoñecidas do panorama galego actual.

A actividade está dirixida a público de tódalas idades, escomezando con poemas infantís e avanzando hacia outros enfoques poéticos máis xuvenís e adultos.
Poderemos ver tamén algún dos seus videopoemas.

A cita será o Mércores 14, ás 20:00 h. é gratuita e con aforamento limitado.



Yolanda Castaño, recoñecida escritora, guionista, e presentadora televisiva (actualmente podémola ver no programa Cifras e Letras, no serán da TVG), é tamén unha moi activa dinamizadora cultural, que colabora en medios de comunicación escrita e organiza recitais poéticos. Os seus libros de poemas supuxeron un revulsivo no panorama galego de hai máis dunha década, e seguen recibindo os parabéns da crítica, como o último poemario "Profundidad de Campo", tradución ao castelán do homónimo en galego, que recibiu o prezado premio Ojo Crítico de Radio Nacional.

Ten impartido obradoiros de poesía e clubs de lectura, coordinado volumes colectivos, comisariado mostras de arte e de poesía, ten redactado prólogos, textos para espectáculos de danza, colaboracións escritas de todo tipo e tres poemarios infantís (“Punver”, “Punver de volta” e “Cando eu saiba ler”). Fortemente interesada na fusión entre a poesía e outras linguaxes creativas, ten desenvolvido moi diversas experiencias misturándoa coa música, a plástica e o audiovisual, actividade pola que tamén foi premiada. Poemas seus foron traducidos ao castelán, catalán, francés, italiano, alemán, ruso, inglés, polaco, árabe e lituano.

martes, 13 de abril de 2010

Fábulas no berce

P ensando nos usuarios máis cativos, a Biblioteca Municipal contou coa actriz e contacontos Charo Pita e a súa actividade "Fábulas no berce" dirixida aos nenos de 0 a 3 anos . O espectador máis cativo contaba con 7 meses e hai que dicir que foi un dos máis disfrutaron .
Charo Pita serviuse de pequenas narracións acompañadas de sons, marionetas e libros moi visuais, para captar a atención deste público tan especial. Cada neno estivo acompañado por un adulto (nais, pais, avós,...) e todos eles disfrutaron moito, de feito a sesión sóubolles a pouco e quedaron con ganas de máis.
Programación de Letras Vivas

jueves, 8 de abril de 2010

Taller de pintura do natural na Biblioteca de Chapela

Aproveitando o bo tempo, e que tivemos a Marta Pérez Lozao e a súa exposición Vida e cor na natureza durante todo este mes no Multiusos de Chapela, hoxe aproveitamos para facer cos rapaces da biblioteca un obradoiro de pintura ao natural.
En dous grupos, un de cativos de 5 a 7 anos e outro de rapaces de 8 a 12, os asistentes disfrutaron da experiencia de copiar e reproducir o seu entorno, seguindo as directrices e consellos da autora.

A beleza do Piñeiral, a súa paisaxe mariña e, como non, o parque cos columpios, foron temas atractivos dos que os participantes tomaron boa nota nos seus debuxos.

Como exemplo poñemos o debuxo dunha das participantes, Raquel Santos, que optou por reproducir aos rapaces debuxando no Piñeiral do Crego.