jueves, 21 de octubre de 2010

O Club Infantil de Lectura adica a súa reunión do mes ao Camiño de Santiago

Despois de ter feito todos xuntos un tramo do Camiño Portugués de Santiago, e porque a aventura nos chama, voltamos de novo ao Camiño. Mais desta vez non para nos cansar físicamente, xa que a andaina só se desenvolveu na nosa imaxinación, todo grazas á lectura dunha novela moi divertida ocorrida na mesmísima Catedral de Santiago.


O trasno da Catedral de Santiago
, de Luisa Villar Liébana, chegou á vella catedral por casualidade e, despois de ver xurdir o Pórtico da Gloria co Mestre Mateo, segue a vivir alí por séculos e máis séculos.



Nesta sesión, e aproveitando a exposición que preparamos no Multiusos sobre o Camiño, falamos sobre as diferentes rutas xacobeas, sobre as dificultades que viven os peregrinos que se achegan á catedral e tamén sobre o propio edificio. Dado que o trasno protagonista desta historia coñeceu a labor do Mestre Mateo, nós tamén fixemos por coñecer un pouco del, e tamén do Pórtico da Gloria. Tendo en conta a representación que nel se fai dos instrumentos musicais da época, algúns dos rapaces do club achegaron os seus instrumentos, e se atreveron a interpretarnos algunha peza musical.


Por último, como a nosa querida Leo estaba de cumpre, agasallámoslle con unha estupenda festa sorpresa! Moitas felicidades!!





3 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Que envidia!
Elena

Neffer dijo...

Fue genial!!

Mario dijo...

Leo, o do outro día me gustou moito:as cancións, as fotos, o Pórtico da Gloria...Paseino moi ben


Ata a próxima.