espois de ter feito todos xuntos un tramo do Camiño Portugués de Santiago, e porque a aventura nos chama, voltamos de novo ao Camiño. Mais desta vez non para nos cansar físicamente, xa que a andaina só se desenvolveu na nosa imaxinación, todo grazas á lectura dunha novela moi divertida ocorrida na mesmísima Catedral de Santiago.
O trasno da Catedral de Santiago, de Luisa Villar Liébana, chegou á vella catedral por casualidade e, despois de ver xurdir o Pórtico da Gloria co Mestre Mateo, segue a vivir alí por séculos e máis séculos.
Nesta sesión, e aproveitando a exposición que preparamos no Multiusos sobre o Camiño, falamos sobre as diferentes rutas xacobeas, sobre as dificultades que viven os peregrinos que se achegan á catedral e tamén sobre o propio edificio. Dado que o trasno protagonista desta historia coñeceu a labor do Mestre Mateo, nós tamén fixemos por coñecer un pouco del, e tamén do Pórtico da Gloria. Tendo en conta a representación que nel se fai dos instrumentos musicais da época, algúns dos rapaces do club achegaron os seus instrumentos, e se atreveron a interpretarnos algunha peza musical.
Por último, como a nosa querida Leo estaba de cumpre, agasallámoslle con unha estupenda festa sorpresa! Moitas felicidades!!
3 comentarios:
¡Que envidia!
Elena
Fue genial!!
Leo, o do outro día me gustou moito:as cancións, as fotos, o Pórtico da Gloria...Paseino moi ben
Ata a próxima.
Publicar un comentario