O proxecto de dinamización lectora presentado
pola nosa biblioteca, Bibliocaravana: III Semana do Libro a festa das palabras, foi seleccionado pola comisión de avaliación de proxectos da Campaña de Animación á Lectura María Moliner. Así, con data 13 de decembro de 2011 a
Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras
Españolas ditou a proposta de resolución definitiva pola que convertémonos en beneficiarios dun lote de 200 libros.
Grazas a todos os que colaboraron con nós no seu desenvolvemento: aos Centros Educativos de Infantil e Primaria de Redondela, ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello, aos alumnos de 2º curso
do Ciclo Superior de Educación Infantil do I.E.S. Chapela, a Protección Civil, a Andrea e a todo o persoal da Biblioteca.
GRAZAS A TODOS desde a Biblioteca Municipal e a Axencia Municipal de Lectura de Chapela e PARABÉNS a todos os agraciados,
de forma especial aos compañeiros das bibliotecas de Tuéjar (Valencia),
Pozoblanco (Córdoba) e Oleiros (A Coruña).
4 comentarios:
Está moi ben que recoñezan o traballo que facedes a favor da lectura.
Parabens polo premio!
Moitas grazas!!!
¡Enhorabuena! Esto sí que es una gran noticia, un reconocimiento, y con premio. Esto anima a seguir trabajando.Adelante.
Grazas de novo! Sí que é un estímulo bo para seguir traballando, pero tamén é un estímulo ver que os usuarios cada día aprecian máis a nosa labor, e tamén que esperan máis de nós.
Publicar un comentario